Monday 20 de May de 2024

Cheo total no pavillón Castelao I na VII Exhibición Municipal de Patinaxe Artística e Ximnasia Rítmica


Cheo absoluto no pavillón Castelao I na VII Exhibición Municipal de Patinaxe Artística e Ximnasia Rítmica, celebrada recentemente. Unha convocatoria na que participaron máis de 300 rapaces e rapazas das escolas municipais dos colexios Castelao, Campomaior e Mesón do Vento. Como convidados asistiron os patinadores e patinadoras do colexio Pecalama, de Tordoia, e a escola municipal de Trazo. O evento foi organizado polo club de Patinaxe Galia en colaboración co Concello de Ordes. Precisamente o seu alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, e os edís de Cultura e Deportes, José Manuel Mira e Ana Soneira respectivamente, foron os encargados de entregar as medallas a cada un dos deportistas.